Comeza a aventura

Amigas, amigos:
Comeza aquí a viaxe na rede da Librería Sisargas, onde estaremos encantados de contar con todos vós, agradecidos como estamos por compartir saberes, libros e amizade nesta vosa casa. A nosa intención é que este blogue sexa un complemento á Librería, onde poidamos iniciar ou continuar as conversas que nos enchen de luz e afectos coa vosa presenza, sexa real ou virtual, mais sempre cercana.
Escollemos como benvida ao blogue esta foto das Illas Sisargas, na súa poderosa chamada á imaxinación e ao infinito. Desde aquí agradecemos á Wikipedia que estas imaxes poidan ser usadas, e, por suposto, damos os parabéns ao seu grande traballo de creación e circulación colectiva de coñecemento, que consideramos un excelente exemplo a seguir nestes tempos convulsos.

Benvidos, pois, e adiante!!!!!