Tristeira, non brua, nin da leite, porque xa non pertence á nosa paisaxe. Por iso ela esixe que a redescubramos, e a valoremos, como ela, de certo, merece. Ás veces perdemos o senso do que é realmente importante.
A vaca condesa, de Juan Alfonso Belmontes, publicado por Oqo Editora.
Arquivo por meses: Agosto 2012
Cando chove, de Leire Salaberria
As pozas, e a auga son aventura. Paisaxes descubertas por pequenos ollos rabudos. Neste Cando chove, de Leire Salaberria, publicado por Faktoría K.
Los balleneros en Galicia (siglos XIII al XX), de Felipe Valdés
Caión, Suevos e Malpica víron pasar familias de cetáceos, no camiño de Africa, cara ós Mares de Norte. Arponeiros, e mariñeiros, rifan e partixan os beneficios con frades e fidalgos. Industria especializada, e demandada por Europa.
Contado con detalle e paixón neste libro de Felipe Valdés, Los balleneros en Galicia (siglos XIII al XX), publicado pola Fundación Barrié.
A caza do ghazafello
A Caza do Ghazafello é un libro publicado en Xerais, que tivemos a sorte de presentar nesta librería. Mergullámonos nos misterios das palabras que abanean co son da música. Afiadas para entrar en nós pola porta da imaxinación e candentes como unha festa permanente dos sentidos!