Admirando a condición, de María Xosé Silvar, Sés

Damos paso aos envíos de quen son para nós o máis importante desta Librería, os clientes. Desta volta, a recomendación é de Ramiro, a quen agradecemos a colaboración. Se queres, podes enviarnos o que che apeteza ao noso correo: libreriasisargas@gmail.com.

“Como um meteoro musical aparece Sés, neste seu disco Admirando a condición. Força em estado puro, com uma voz inebriada que entra em osmose livre e fascinante com a música de Tito Calviño e demais companheiros de viagem. Não se devem deixar de apalpar estes relâmpagos sonoros para manter-se vivo, quentando a sensibilidade com este licor denso e saboroso.”

Marisela e o roxo, de Geovanys F. García

“Querían casar, e Roxo regaloulle unha mazá do mercado, que non era de Brancaneves. E chamaron ó dragón para casar, e Roxo subiu pola ventá, e ahhhhh!!!, dixo Marisela, e estivo cen anos peiteándose na cadeira, e Roxo gañou a loita, e casaron.” (Mariña, 5 anos).
Marisela e o roxo, de Geovanys F. García, está publicado en Oqo Editora.