Este xoves 27 de decembro, ás 20:00 horas, a Librería Sisargas colabora na presentación de Podería falar de nubes, de Francisco Castiñeira, publicado por Redelibros, que terá lugar na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto (Campo de Marte, s/n), coa presenza do propio autor. Alí estaremos. Non vola perdades!
Arquivo por meses: Decembro 2012
María Fumaça
Xa chegou a esta libraría o María Fumaça, publicado en Galaxia, cheo de toda a alegría do mundo!!
Aquí deixamos unha pequena mostra:
Crictor, de Tomi Ungerer
“Chegoulle un paquete en forma de O, e foi ó Zoo, a ver que tipo era, i era boa. E púxolle un gorriño de lá, e ía á escola, 1, 2, 3, 4, 5. E un día, unha película de roubadores, e un ladrón, e veu a policía, e Crictor o aguantaba con el.” (Mariña, 5 anos).
Crictor, de Tomi Ungerer, está publicado en Kalandraka.
Ninguén, de Fran Alonso
Baixamos o noso abatemento, e preventivamente supuramos mal humor. De inmediato. Calculamos a entidade, protexidos co crédito do débito. No garaxe o dato da humidade, e a parede. Os peixes ollan pros polifenois pendurados do acio do outono. Coa alta recibimos todo, e abáfame o debate. A polémica, e o bulo malicioso lámbeme o cu na bandexa.
Navego, sorrío, gozoso.
Ninguén, de Fran Alonso, está publicado en Xerais.
Participa no sorteo do Apalpador!
O APALPADOR CHEGA Á LIBRERÍA SISARGAS!
Durante todo o mes de decembro os clientes desta Librería poderán participar no sorteo de tres bonos-tarxeta regalo por valor dunha actividade no Espacio Educativo Arkhé (embarazo, posparto e primeira infancia) durante un mes (poderán escoller entre educación musical, inglés, educación motriz, ioga e actividades acuáticas).
O Espacio Educativo Arkhé (Rúa Pedro Galán Calvete, 9, baixo, A Coruña, mail: info@espacioarkhe.com, teléfono 881894805) ten unha ampla variedade de actividades orientadas principalmente á preparación ao parto, a recuperación posparto e á estimulación na primeira infancia, convencidas de que experiencias educativas de gran calidade e unha estimulación afectuosa durante os primeiros anos de vida (incluindo a vida prenatal) son necesarias para que as personas poidan desenvolver todo o seu potencial.
O sorteo terá lugar o día 31 de decembro, a noite do Apalpador.