O vindeiro xoves 2 de maio, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre (Parque de Marte, s/n) da Coruña, preséntase a novela Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, onde participaremos xunto á Asociación e a editorial, participan, acompañando o autor, José María Laredo Cordonié, Xurxo Souto e Fran Alonso.
“Unha novela de aventuras de mar e de terra con batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais –un náufrago desmemoriado, un crego sabio e revolucionario, un fidalgo reformista…– e unha vila maldita que conforman a iconografía histórica da galega Costa do Solpor. A novela está ambientada na Galicia rural e urbana de mediados do século XVIII, facéndonos partícipes das angueiras da vida cotiá daqueles anos. “Costa do Solpor” comeza cun manuscrito onde un descoñecido escritor británico de finais do século XIX narra as peripecias da viaxe de volta dunha misteriosa goleta inglesa cargada cun fabuloso tesouro. Tras unha cruenta loita cuns piratas nunha illa atlántica, a goleta regresa ao punto de partida, o porto de Bristol, pero unha tormenta obrígaa a buscar refuxio nunha ría da Costa do Solpor. Un membro da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga, marcha a uña de cabalo á cidade da Coruña e avisa o capitán dun bergantín pirata fondeado cun nome de conveniencia neste porto. O bergantín sairá ao encontro da goleta coa intención de lle incautar o tesouro. Logo da abordaxe, o grumete da goleta logra salvarse gañando a costa a nado. Os piratas perseguirano a morte pero o rapaz inglés farase amigo dun mozo e dunha moza da beiramar e tratarán, xuntos, de liberar a goleta e salvar os seus tripulantes dunha morte certa. “Costa do Solpor” foi finalista do Premio Xerais de Novela 2011.”
Arquivo por meses: Abril 2013
Esplendor Arcano, de Ramiro Torres
Alá, en Pena Furada, a Moura e Ramiro, rín, e cuspen bateladas de cor, que escorregan polo Mendo e afogan a ría toda ate o universo infindo. Non quere ser chamán!, que sexa logo amigo!
Esplendor Arcano, de Ramiro Torres, está publicado ao amparo do Grupo Surrealista Galego.
O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz
Os pés do neno penduran nun palco de corcheas de ilusión, na ollada dunha nena soñadora. O pai tamén labra libros a machado. A rúa da vila é unha república libre de soños. Parolas.
O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, está publicado en Xerais.
Presentación de Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada, o martes 16 de abril ás 20:00 horas en Portas Ártabras
O martes 16 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Asociación de Amigos dos Museos de Galicia), Rúa Sinagoga, 22, baixo, da Coruña, preséntase Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada, edición especial de 2 libros + CD que recolle a faceta musical do grande autor surrealista, feita realidade por aCentral Folque.
No acto participarán o director artístico do proxecto, Ramom Pinheiro Almuinha, o seu director musical, o cubano Alejandro Vargas, e o escritor Manuel Rivas.
Deixamos, a continuación, estes petiscos musicais:
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás
Volvemos dar paso aos envíos de quen son para nós o máis importante desta Librería, os clientes. Desta volta, a recomendación é de Ramiro, a quen agradecemos a colaboración. Se queres, podes enviarnos o que che consideres interesante para publicar aquí ao noso correo: libreriasisargas@gmail.com.
“A Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, publicado em Xerais no 2012, acheguei-me com curiosidade por ler mais sobre o biografado, como é costume neste tipo de textos, mas acabei sentindo-me transportado por um savoir faire do biografante (aguardo que se me permita o neologismo), cousa não tão habitual, até uma sensação de ter estado presente na própria vida de Celso Emilio.
Há algo nesta obra que nos leva a não soltá-la das mãos facilmente. E não se trata só do rigor nos dados, onde se percebe uma erudição bem trabalhada e acaidamente exposta, mas de uma delicada atenção para os detalhes, com incisões em momentos chave da vida do celanovês convertidas em delicadas peças quase literárias que nos afastam do caminho principal dos acontecimentos e permitem recriar o seu mundo interno.
Brilha bem este trabalho, e deixa um grande sabor na boca e na memória o que vem sendo uma das melhores biografias lidas por este leitor. Parabéns ao seu autor!!!”