Teño uns pés perfectos, de María Solar, ilustrado por Gusti, está publicado en Kalandraka Editora.
“Aspirante a ser “o neno máis listo”, Melchor terá que demostrar os seus coñecementos sobre os pés. Un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante -e pouco coñecida- do noso corpo.
Teño uns pés perfectos é un libro dentro doutro libro, cunha parte de creación literaria e outra informativa, diferenciadas na obra impresa pola cor do papel. Os lectores acompañarán a Melchor no seu descubrimento de todo canto precisa aprender sobre os pés para -cos coñecementos adquiridos- presentarse ao concurso, tendo chegado á conclusión de que ás veces o inmediato pásanos máis desapercibido.
As ilustracións de Gusti reflicten tamén esa dualidade: escenas cotiás de Melchor no apartado narrativo; formas icónicas e esquemáticas no plano científico. En conxunto, texto e imaxes están cargados de humor.”
Pode verse aquí a entrevista á autora sobre esta obra no Zig-zag da Televisión de Galicia. E esta é ficha da obra na súa web.