Recomendamos: A voz do vento, libro-CD en homenaxe a Manuel María

A voz do vento A Mesa A voz do ventoé un libro-CD publicado pola Mesa pola Normalización Lingüistica en homenaxe a Manuel María.

A voz do vento quere ser unha homenaxe ao recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas, socio e xeneroso colaborador da Mesa.
O libro ilustrado por Jano componse de 11 temas. Os temas son extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas.
A tribo incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira e Ricardo Casás. Neste libro-CD colaboraron coas súas voces Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.

Recomendamos: Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes

Que non te aten éManuel Iglesias Turnes Que non te aten un libro de narrativa de Manuel Iglesias Turnes, publicado por Xerais.

“Marcos traballa na Agro da Presa, a explotación leiteira de cincocentas cabezas que a súa familia leva en Cabanas, unha parroquia aparentemente deserta de xente, que non queda moi lonxe de Santiago. O seu pai sempre quixo ter a casa máis grande da aldea e que fose a que entregase máis leite. Unha carreira tola na que tamén están os veciños da granxa de O Penedo cos que non se leva. A nai de Marcos ocúpase do muxido e dos traballos da casa, mentres que o seu irmán Daniel e a súa cuñada Iria van co portátil a todas as partes para non perder nunca o control do que sucede nas vacarizas. Os avós coidan da horta e María, a súa irmá, despois de rematar a carreira, prepara oposicións nunha academia de Compostela. Tras o éxito da súa primeira novela, As rapazas de Xan, no que recuperaba de forma conmovedora a memoria dunha aldea da Galicia dos anos cincuenta do século XX, Manuel Iglesias Turnes regresa con este potente relato da vida interior dunha aldea do noso tempo, dende a ollada das persoas novas que apostaron por construír alí as súas vidas.”

Aquí podedes ler a magnífica entrevista que lle fixo ao autor Manuel Gago en Cultura Galega.

Recomendamos: Pauliño é un cabalo, de Raúl Dans

Pauliño é un cabalo Raúl Dans Pauliño é un cabaloé un libro do dramaturgo Raúl Dans, publicado por Xerais, con ilustracións de Pedro Díaz Lorenzo.

“Pauliño ten sete anos, vive cos seus pais e a súa irmá Águeda que é un bebe e de momento nin anda nin fala. Pauliño é fraco, pequecho, e parece un rapaz coma todos os outros. Unha mañá Pauliño saíu da cama dun chimpo e ceibou un rincho. —Hiiiiiii! Malia ser un cabalo, Pauliño debe lavarse, cepillar os dentes, ir a escola, facer os deberes… Pero Pauliño quere ser un cabalo salvaxe, dos que andan polo monte, moi preto da aldea onde vive a avoa.”

Recomendamos: Teatro de Guiñol, de Pirilampo

Teatro de Guiñol Pirilampo Teatro de guiñolé un libro-CD do grupo Pirilampo, publicado por Galaxia.

“Pirilampo volve coa súa enerxía de sempre e, desta volta, abeirado aos poemas retranqueiros e festivos de Manuel María. Unha combinación que é garantía de moitas horas de diversión”

Segundo Ramón Nicolás: “(…) Unha iniciativa loable, así pois, que pon enriba da mesa unha ferramenta útil e probablemente precisa para espallar a obra literaria do autor de Terra chá entre o público máis novo e non só. O libro, ademais, incorpora un corpus magnífico de ilustracións a cargo do artista gráfico Iván R. e mais un fermoso limiar, a cargo de Xurxo Souto, que define este grupo musical que ideou o proxecto como “un comando musical itinerante de artistas ventureiros que avanzan pola noite e enchen de melodías todo o que tocan coa súa luz”.
Moi atinada, por outra parte, paréceme a escolla realizada, entre a oceánica obra poética de Manuel María, para compor este libro e para musicar poemas como son “O vento”, “Poemiña do señor regato do Cepelo”, “O galo”, “A natureza”, “Teatro de guiñol”, “A fala”, “Neve” “O bolo”, “O meu cuarto, “Anduriñas” e a “Biografía da muiñeira”, todos eles procedentes dos libros As rúas do vento ceibe, Os soños na Gaiola e Terra Chá. Contemplados globalmente resultan composicións que constitúen unha pequena escolma chea de sentido, moi ilustrativa no que respecta a aos asuntos recreados e dominadas tanto por un forte ritmo interno como por un indubidable espírito festeiro e optimista. (…)”

Recomendamos: Os fillos da fame, de Ismael Ramos

Os fillos da fame éIsmael Ramos Os fillos da fame o segundo libro de poemas de Ismael Ramos (Mazaricos, 1994), publicado en Edicións Xerais, co que obtivo o Premio Johán Carballeira de Poesía en 2015.

Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes «el camaleón, el camaleón» no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo. A verdadeira poesía crea territorios. Habítaos. Ismael Ramos, ese rapaz da montaña a quen ensinaron a estar só, hai xa anos que se apropiou do territorio da ferida, pero agora demostra, como moi poucos na poesía galega actual, que tamén sabe construír novas paisaxes, modificar xeografías. Texto de Carlos Maquieira.”

Aquí podedes ler unha entrevista ao autor en Que pasa na Costa.