Recomendamos: Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga

Querido H. P. Lovecraft,capa_querido_hpl_PROBA_so_capa de Antonio Manuel Fraga, que obtivo o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, é un libro publicado por Urco Editora.

Querido H.P. Lovecraft:
Cando lea estas liñas eu non estarei xa no mundo dos vivos…
Con estas palabras comeza a carta que Robert E. Howard lle envía ao seu amigo e mentor. Nun delirante escrito, o fantasista texano narra o seu progresivo descenso cara ao inferno da loucura e a desesperación, iniciado coa visita a unha antiga tumba india no interior dunha cova.
A partir dese fatídico día, Howard comeza a sentirse acosado polas sombras, propias e alleas, nunha desacougante mestura de soño e realidade. A escrita, os amigos, a relación coa súa moza, a saúde da nai… cada aresta da súa vida semella afectada polo miasma malsán no que devagar se vai mergullando.
Sen saída, totalmente acurralado polo celme dos seus medos, Howard debe procurar unha solución, unha fuxida, un sacrificio.”

Aquí pode verse unha entrevista co autor no programa Zig-zag da Televisión de Galicia.

Presentación de Os Borbóns: unha monarquía escandalosa, o mércores 25 na Biblioteca da AA. VV. Atochas-Monte Alto

O mércores 25 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca da Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto (Campo de Marte), Manuel Monge presenta o seu novo libro Os Borbóns: unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo, publicada en Laiovento. No acto participa, xunto ao autor, Xosé Manuel Carril.

Maquetaci—n 1“Este libro fala do que non se pode dicir, nin divulgar: temos unha monarquía corrupta, cunha tradición de reis e raíñas implicados en negocios, que utilizaron o trono para o seu enriquecemento. O rei Juan Carlos era o “jefe” da trama corrupta do Instituto Nóos, onde están implicados Iñaki Urdangarín e a súa esposa, a infanta Cristina.
Temos unha monarquía caduca, desprestixiada, que non ten futuro e que non foi elixida polo pobo. A chamada dinastía borbónica non existe e ten pouco de exemplar. Dadas as numerosas relacións de reis e raíñas con amantes é moi difícil saber quen é o pai ou a nai de moitas infantas e infantes. O rei Alfonso XII, coñecido como “El Puigmoltejo”, non era fillo de Francisco de Asis de Borbón y Borbón, esposo da raíña Isabel II, senón de Enrique Puigmoltó i Mayans, tenente de enxeñeiros.
O que cualifican moitos libros de historia como o “Réxime”, que tivemos de 1936 a 1977, foi en realidade unha ditadura criminal, equiparábel, segundo a ONU, á Alemaña nazi e a Italia fascista de Mussolini. Foi o ditador Franco quen elixiu a Juan Carlos en 1969 como o seu sucesor e o futuro rei xurou fidelidade ao Caudillo Franco e ás leis da ditadura.
Cando se cumpriron xa corenta anos da morte do ditador, aínda quedan moitos restos do franquismo, como o pazo de Meirás e unha gran fortuna da familia Franco. Unha Fundación, que recibe fondos públicos para lembrar e enaltecer a figura do ditador. Simboloxía fascista por todo o Estado e 150.000 persoas vítimas da represión continúan en cunetas e foxas. Permanecen as distincións honoríficas e títulos nobiliarios a golpistas e criminais, que se sentaron nos consellos de ministros presididos por Franco.
Mentres tanto, Felipe VI, o mesmo que o rei Juan Carlos, aínda non condenou a ditadura franquista. Está en marcha a Querela Arxentina para xulgar os crimes do franquismo, que gozan aquí de impunidade porque, en virtude do pacto da Transición, os sucesivos gobernos de UCD, PSOE e PP interpretaron a Lei de Amnistía de 1977 como unha lei de punto final.”

Recomendamos: Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso

Álex Alonso Tempo de bebidas isotónicas e fast-foodTempo de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, que obtivo o XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, é un libro publicado por Xerais.

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cada unha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmente retranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnado cos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rías Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertida para configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dende o memorable relato «O curso de novas tecnoloxías», que abre o libro a gargalladas, pasando pola versión bífida de «By Glory Lake» ou polo emotivo «Non me chames terrorista», até o estremecedor «Vitrasa», Álex Alonso debulla algunhas das causas e prexuízos da desigualdade e da precariedade da Galicia actual.”

Aquí pode escoitarse a entrevista ao autor no Diario Cultural da Radio Galega.

Presentación de Historia das historias de Galicia, coordinado por Isidro Dubert, o mércores 18 de maio

EsteIsidro Dubert Historia das historias de Galicia mércores, 18 de maio, ás 20:00 horas, presentamos Historia das historias de Galicia, un libro de autoría diversa, coordinados por Isidro Dubert, e publicado por Xerais. No acto participan, xunto a Isidro Dubert, Maria del Carmen Saavedra Vazquez e Francisco Gonzalez García.

“No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos –e mesmo inéditos– do noso pasado colectivo.”

Estas son as persoas que participan no volume: Isidro Dubert, Manuel Gago, Francisco González García, José Miguel Andrade Cernadas, Anselmo López Carreira, Ofelia Rey Castelao, Henrique Monteagudo, María del Carmen Saavedra Vázquez, Pegerto Saavedra Fernández, Ramón Villares, Lourenzo Fernández Prieto e Edelmiro López Iglesias.

Recomendamos: Historia das historias de Galicia

Historia das historias de Galicia Isidro Dubert Historia das historias de Galiciaé un libro de autoría diversa, coordinados por Isidro Dubert, publicado por Xerais.

“No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos –e mesmo inéditos– do noso pasado colectivo.”

Estas son as persoas que participan neste volume: Isidro Dubert, Manuel Gago, Francisco González García, José Miguel Andrade Cernadas, Anselmo López Carreira, Ofelia Rey Castelao, Henrique Monteagudo, María del Carmen Saavedra Vázquez, Pegerto Saavedra Fernández, Ramón Villares, Lourenzo Fernández Prieto e Edelmiro López Iglesias.