Recomendamos: Viaxe á última revolución, de Xerardo AgraFoxo

Viaxe á última revolución, de Xerardo AgraFoxo, Xerardo AgraFoxo Viaxe á última revoluciónestá publicado por Galaxia.

“A viaxe que conta este libro comeza o 3 de novembro do ano 2014 en Lavacolla e remata trinta e un días despois no aeroporto internacional da Habana.

O autor xa estivera en Cuba trinta anos antes, cando o Muro de Berlín aínda existía e a Revolución tiña moitos adeptos. Tres décadas despois, para coñecer os cambios que se produciron na illa, Xerardo AgraFoxo decide viaxar en solitario. Montado en camións, coches e trens doutra época, o auñtor atravesa Cuba curante trinta días, dende Baracoa ata Pinar del Río, para -despois de dous mil quilómetros de percorrido- escribir unha crónica que destaca polo ton sincero das súas observacións e a amenidade das súas páxinas.”

Recomendamos: A garza insomne

A garza insomne,Galaxia A garza insomne publicado por Galaxia, reúne os relatos -finalistas e gañadores- do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía entre os anos 2013 e 2015, obras de Adolfo Caamaño, Pedro Larrañaga, Xosé Alfredo Naz Fernández, David Pérez Iglesias, Antonio Piñeiro, Juan Tallón, Antón Vázquez e Eduard Velasco.

“Nove obras literarias que, como un presente, chegan a nós tan diversas como cativadoras. No seu interior discorren paixóns e gozos dignos de ser descubertos: a brutalidade da guerra, a vaidade intelectual, o peso da culpa, a frustración amorosa, as profesións máis sanguinarias, a vinganza, a felicidade imposible, estraños crimes, difíciles decisións, o verdadeiro e o falso coñecemento, o costumismo máis rico e en xeral as enerxías telúricas que nos moven, inexorablemente, a continuar vivindo. Todo isto reunido baixo a imaxe dunha garza insomne… Por que? Porque a obra literaria, en esencia, non é outra cousa que unha proposta de harmonía perante o caos, unha incesantemente nova interpretación o mundo, o diversos reunido no único, coma se esa moura ancestral que preside desde sempre os nosos castros nos enviase un animal tan sabio que coñecese cada historia do mundo, un animal viaxeiro que todos os pobos veneran e que vela por nós desde os nosos encoros e ríos.”

Recomendamos: Contos nerviosos, de Fran Alonso

Contos nerviosos, Portada_contos_nerviosos.inddde Fran Alonso, ilustrado por Dani Padrón, está publicado por Edicións Embora.

“Ás veces suceden cousas tan inesperadas que os propios contos se poñen nerviosos. Os contos nerviosos son contos moi divertidos, pero non paran quietos porque lles tremen as palabras. Estes Contos nerviosos están protagonizados por un neno chamado Amelio que ten unha estraña alerxia ao ruído; por unha nena sen nome que ten unha amiga xirafa en Cabrafanada e recibe mensaxes misteriosas; por un neno que descobre que os videoxogos poden converterse en realidade e por Raíña, unha nena caprichosa que se enfada moito na festa do seu aniversario.”

Aquí podedes ler a recensión desta obra no blog Trafegando ronseis.