Recomendamos: Un dente sen cadáver, de Miguel Anxo Fernández

Un dente sen cadáver, miguel-anxo-fernandez-un-dente-sen-cadaverde Miguel Anxo Fernández, é unha novela publicada por Galaxia.

“Nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase inesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida.
Ambos os asuntos -familiares e forenses- han acabar confluíndo nun complexo caso no que a violencia de xénero, a explotación sexual, a man de obra inmigrante e os escuros intereses inmobiliarios se mesturan con personaxes sinistros, coas mans emporcadas de sangue. Novamente, coa axuda do sarxento da municipal Franeiras, o sempre indignado ex-garda civil Poncio e a forzada colaboración do estricado funerario Sugar Jones, Soutelo descubrirá tamén un doloroso pasado vinculado co seu pai. Miguel Anxo Fernández retorna ao detective máis singular do panorama literario galego.”

Pode lerse aquí a entrevista ao autor no programa de radio Galicia por Diante.

Recomendamos: Figuras da finitude, de Francisco Sampedro

Figuras da finitude,francisco-sampedro-figuras-da-finitude de Francisco Sampedro, é un ensaio filosófico publicado por Laiovento.

“A morte non é un “problema”, nin aínda menos un “misterio”, en canto que non se pode enunciar nin resolver. Noutro contexto ben distinto, como é sabido, Marx dicía que a humanidade só formula aqueles problemas que pode resolver; porén, é claro que todos os humanos se cuestionan acerca dela. Desde aqueles que só o fan en situacións límites ou ante a desaparición das persoas amadas, até outros que –no outro extremo do espectro- o fan desde a neurose obsesiva no medio dunha angustia que chega a paralizar a súa mesma vida e que anula calquera proxecto existencial. Como asunto científico, a morte é totalmente asequíbel. Tamén como asunto literario. Outra cousa é abordala, como o fai a filosofía, en tanto finitude da existencia humana. É dicer, non se trata da morte como feito, senón da cuestión da conciencia da finitude.”

Aquí podedes escoitar unha entrevista co autor arredor desta obra no Diario Cultural da Radio Galega.

Presentación e coloquio do escritor portugués Samuel Pimenta con Pedro Casteleiro, o 21 de outubro ás 20:00 h.

14666306_10210309194907537_3041715881479942454_nA sexta feira 21 de outubro, polas 20:00 horas, terá lugar a apresentación do poemario Ágora e a obra narrativa Os Números que Venceram os Nomes, do escritor portugués Samuel Pimenta, quen manterá unha conversa co poeta galego Pedro Casteleiro. No acto participará tamén o músico Pedro Campos.

Deixamos aquí a entrevista ao autor publicada na revista Palavra Comum. e tamén a ligazón ao seu blogue.

Samuel Pimenta foi o gañador do IV Prémio Glória de Sant’Anna neste 2016, do que foi tamén finalista Pedro Casteleiro.

Presentación de Vilcabamba, de Santiago del Valle, o xoves 13 de outubro, ás 20:30 h.

Osantiago-del-valle-vilcabamba xoves 13 de outubro, ás 20:30 horas, presentamos Vilcabamba, de Santiago del Valle, publicado por Ediciones del Viento.

“Hiram Bingham buscaba Vilcabamba la Grande en 1911 cando encontrou Machu Picchu, mais a ubicación da capital perdida do derradeiro reino Inca continuou sendo un misterio.
En base a documentos do século XVI, Santiago del Valle e outros investigadores conseguiron identificar en 1997 o emplazamiento de Vilcabamba la Grande. En Vilcabamba, el refugio sagrado de los incas, del Valle relátanos a aventura humana e científica que supuxo esta longa investigación en que dirixiu dezaseis expedicións, xunto con arqueólogos e historiadores peruanos e españois.
Nunha documentada narración vainos desvelando a orixe e desenvolvemento das antigas culturas andinas, a formación e progresión do imperio inca e a conquista española en 1532, así como a rebelión de Manco Inca en 1536, que deu lugar á formación do reino inca de Vilcabamba; gobernado sucesivamente polos catro derradeiros incas: Manco Inca, SayriTupac, Tito Cussi e Tupac Amaru. Tamén dedica varios capítulos a explicar a historia posterior do distrito de Vilcabamba e o despoboamento daquel territorio, que motivou a desaparición da última capital sagrada dos incas cuberta durante séculos pola selva.”