Recomendamos: O exército de fume, de Manuel Gago

O exército de fume, de Manuel Gago, é a súa nova obra narrativa, publicada por Edicións Xerais.

“Principios de 1942. Galicia vive dúas guerras ocultas ao tempo. Na costa, nazis e aliados combaten no mar e nos portos polo dominio do Atlántico. No interior, a resistencia enfróntase teimuda ao poder de Franco. Ata que todo se cruza.Unha mestra recibe o seu primeiro destino nunha distante aldea da Costa da Morte. Un guerrilleiro de sona acepta a misión máis perigosa. E un pintor de océanos asume un incómodo encargo. Sen sabelo, os tres van ficar unidos polo desengano, a esperanza e a valentía, nun remuíño que une os seus pasados cos dramáticos acontecementos de Europa. Na súa segunda novela, Manuel Gago mergúllase nun poderoso relato de acción no que se mesturan a historia, a lenda e a ficción. Unha novela sobre esquecidos heroes anónimos que non saben que son tal. Cando dúas guerras se xuntan, o futuro do mundo está en xogo.”

Recomendamos: Raízes de Pessoa na Galiza, de Carlos Quiroga

Raízes de Pessoa na Galiza, de Carlos Quiroga, é unha obra publicada por Através Editora.

“Este livro prova o nexo genealógico que por via materna leva Fernando Pessoa a um trisavô galego. Oferece as evidências documentais e reconstrói a prodigiosa peripécia desse antepassado, que como capitão e sargento-mor graduado passou por Faro e Lisboa e chegou a lecionar na Academia Militar de Ilha Terceira, falecendo com 63 anos em Angra do Heroísmo. A família galega de Pessoa no século XVIII e a procura de parentescos atuais constituem capítulos complementares.
Na segunda parte Carlos Quiroga aborda as relações literárias do próprio Pessoa com este espaço. O foco está nas resenhas de Orpheu produzidas de modo exclusivo na Galiza, na naturalidade galega de Álvaro de Campos e muito em particular de Alberto Caeiro. Aponta-se a conjetura de um Caeiro galego ser referente real, na sugestão do nome do heterónimo por parte de Guisado, intermediário privilegiado. E estuda-se a hipótese de um dos textos publicados em jornal galego sobre a revista portuguesa ser de provável autoria pessoana.
Consulta aqui o índice.”

Recomendamos: No mato do desespero, de Brais Morán

No mato do desespero, de Brais Morán, é o novo disco do autor.

“Brais Morán explora o rock máis persoal nun disco onde as vivencias e as paisaxes da Costa da Morte son os protagonistas.
Coñecido como o cantante e guitarrista da banda galega de funk Loretta Martin; Brais constrúe agora outro universo paralelo cunhas letras máis persoais e cunha forma máis individualista e directa de transmitir, onde decide coller a guitarra e poñerlle unha voz máis desgarrada a unhas cancións que tentan abrir outro camiño máis definido e máis potente na música actual (desde Música en galego).”


Recomendamos: As lembranzas perdidas no lago Antelväri, de Xosé Duncan

As lembranzas perdidas no lago Antelväri, de Xosé Duncan, é unha obra publicada por Galaxia.

“As lembranzas é o que nos define, son a equipaxe que imos reunindo ao longo das nosas vidas e a peaxe que entregamos cando cruzamos a derradeira porta. Nas beiras do lago Antelväri vive un vello que non quere lembrar, que desexa borrar as feridas infrinxidas polo percorrer dos anos. Porén, a vida é un río de augas revoltas, que nos empurra até a desembocadura da Morte. Ás veces, canto máis queremos fuxir, maís caemos no pozo dos nosos medos. Para o vello Olavi o final está marcado nas profundidades do lago, alí onde moran os seres de luz, onde a aurora boreal mergulla as súas brillantes cores até fundilas coa escuridade que vén de alén das estrelas.”

Recomendamos: Nova Nursia, de Héctor Cajaraville

Nova Nursia, de Héctor Cajaraville, é unha obra publicada por Xerais.

“Rosendo Salvado Rotea (1814-1900), fillo dunha das familias máis poderosas de Tui, renunciou a unha vida de riqueza e comodidades para seguir a carreira eclesiástica e marchar de misioneiro a Australia, un territorio practicamente inexplorado naquela altura.Frei Rosendo Salvado, como asinou sempre malia ostentar os títulos de padre, abade e bispo, fundou a maior misión católica do continente australiano, Nova Nursia. Pero o obxectivo evanxélico inicial axiña foi substituído pola defensa dos aborixes, marxinados e abocados á extinción por unhas leis que nin sequera lles outorgaban a condición de seres humanos.No máis de medio século de labor misioneiro de Salvado sucedéronse as interminables viaxes entre Europa e Australia, as conspiracións e as traizóns, as tentacións do luxo e o poder, os transos de perigo mortal, os logros que abraiaron o mundo e a obrigada volta a empezar tras os fracasos, sempre coa dúbida sobre o sentido e a continuidade do seu formidable proxecto. “Nova Nursia” é a aventura dun home que fixo da entrega aos demais o seu modo de entender a vida e que nos legou unha das biografías máis fascinantes da nosa historia.”