Recomendamos: DX, de Eli Ríos

DX, de Eli Ríos, é un libro publicado por Urco Editora.

“Ola. Son Andre. Sobrevivín á avaricia e ao capitalismo máis atroz.
Aquí, na Horta do Cura, chegou o momento de comezar a reconstruírnos.
Acompáñasme?”

Poden consultarse as recensións da obra en Kindlegarten e O Recuncho do Lector.

Presentación de Tu contas e eu conto, de Susana Sanches Arins, o 28 de febreiro ás 20:15 h.

O 28 de febreiro, ás 20:15 horas, Susana Sanches Arins presenta o seu novo libro Tu contas e eu conto, publicado por Através Editora. No acto estará acompañada por Eli Ríos.

“17 relatos e 17 poemas, 17 contos e 17 cantos. Susana Sanches Arins conta sobre amizades que lastimam, sobre a memória dos tempos idos, sobre o nojo, o humor e a morte. Conta sobre ocupar o tempo na precariedade, sobre voltar a casa sozinha, sobre o medo e sobre o assédio. Canta para as mulheres morridas, para quem não chega a casa e para alcateias de lobas. Canta para a luta, para a situação atual e para nós. Lê, que este conto é nosso.”

Recomendamos: Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias

Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, é un libro publicado por Edicións Xerais.

“O volume Poesía reunida (1982-2004) dá conta da obra poética de Xela Arias e quere contribuír á súa difusión e coñecemento. A escritora ocupou un lugar de seu na cartografía literaria das últimas décadas e a súa obra está en consonancia coa renovación do discurso poético producida dos anos 80 en diante, así como coa proliferación dos discursos do feminismo, aos que acompañou como pioneira. Xela Arias, que manifestou en numerosas ocasións un sentimento de soidade xeracional, reivindicou a condición de muller escritora e reaccionou con contundencia contra o carácter invisibilizador das etiquetas. Para ela, a poesía era «un trato coa búsqueda da vida poderosamente iluminada». Edición, introdución e notas de María Xesús Nogueira Pereira.”

Presentación de Mulleres bravas da nosa historia. Pepa a Loba, de Ledicia Costas e Eva Agra, o 21 de febreiro ás 20 h.

O 21 de febreiro, ás 20:00 horas, Ledicia Costas e Eva Agra presentan o novo volume da colección Mulleres Bravas da nosa historia: Pepa a Loba, publicado por Urco Editora. Estarán acompañadas polas escritoras Beatriz Maceda e Eli Ríos.

“Xela é unha nena que ten moi claro o que quere ser de maior: bandoleira. A pesar de que á súa nai non lle chista nadiña esta idea, para a rapaza non hai nada mellor no mundo que sentar a carón da avoa e escoitar, unha e outra vez, historias sobre a nosa bandoleira, sobre Pepa a Loba, a muller afouta que a pesar de todos os obstáculos que a vida lle puxo diante, conseguiu ser a capitá dunha gavela de homes e axudar a quen o precisaba. Xela nunca ten suficiente, sempre quere saber máis. E vós, queredes saber quen foi Pepa a Loba?”

Recomendamos: Contra o vento. 30 anos do premio Manuel García Barros

Contra o vento. 30 anos do premio Manuel García Barros é un libro publicado por Galaxia.

“Trátase dun volume de dezaseis relatos que homenaxea o trinta aniversario do Premio Manuel García Barros de Novela, un dos galardóns máis lonxevos do panorama literaria galego que foi decisivo na traxectoria de moitas das autoras e autores incluídos neste libro.
Porque Contra o vento celebra sobre todo tres décadas de escritoras e escritores que marcaron e marcan o camiño a seguir na narrativa galega dos últimos tempos. En definitiva, dezaseis relatos que camiñan decididos cara adiante, trazando liñas mestras polas que avanzamos e, quen sabe, se cadra volver reunirnos dentro doutros trinta anos.”

Recomendamos: A Comuna del Barruzo, de Ugia Pedreira e Pierrot Rougier

A Comuna del Barruzo é un libro-disco de Ugia Pedreira e Pierrot Rougier, publicado por aCentral Folque.

A Comuna del Barruzo presenta dez cancióis representadas por dez seres qu’habitan a zona Eo-Navia. Tanto os dibuxos como as letras fain referencia a sitos físicos, y á cultura patrimonial e inmaterial da zona. Ademáis nos mostran xogos e alternativas saludables alredor da naturaliza. Tamén pequenos placeres como abrazar un árbol ou beilar col vento. A comuna trabaya pra aumentar a sensibilidá auditiva dos nenos, nenas y adultos, y propicia valores d’autoestima y aceptación de lo diferente.
A Comuna del Barruzo é o primeiro libro-disco en galego asturiano pra nenios, nenias y adultos qu’inda lo son. Nel un amplio abanico de poetas eonaviegos ofrécennos unha mostra da riqueza literaria e lingüística d’este territorio fronteirizo pasada hasta hai pouco de manera oral de padres a fillos e fillas.”