Recomendamos: Carrusel, de Berta Dávila

Carrusel, de Berta Dávila, Premio Manuel García Barros en 2019, é unha obra publicada por Galaxia.

“Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da súa historia familiar e persoal. Só así será quen de afondar na súa condición de enferma, na súa relación co imprevisible tío Carlos, que sofre a mesma doenza, e tamén na súa experiencia coa maternidade e coa perda de seres queridos. É posible que iso a axude a dar significado ao pasado e a entender o futuro, mais ningún futuro está escrito e, moito menos, o de quen escribe para intentar salvarse.”

Unha opinión sobre “Recomendamos: Carrusel, de Berta Dávila

  1. Excelente, “Carrusel”, de Berta Dávila. A cicatriz da escrita, a retroactiva á infancia, o Carrusel do tempo, a doenza mental, a metaliteratura, os rastrexos poéticos inseridos na narración, a crise da escrita… A escrita coma salvación do eu.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s