Recomendamos: Zona a Defender, de Manuel Rivas

Zona a Defender, de Manuel Rivas, é un libro publicado por Xerais.

“«Zona a Defender» foi unha denominación que se popularizou coa loita ecolóxica en Francia. O planeta debería ser por enteiro unha Zona a Defender. Expresada co activismo da escrita poética, o pensamento crítico e un humor desacougado, esa chamada de alerta percorre todo este libro. En Zona a Defender. A esperanza indócil, Manuel Rivas, despois da denuncia que foi o libro Contra Todo Isto, escribe ás ceibas, con coraxe, sobre o que denomina a era Mayday, de perigo grave e inminente, para ir explorando aquilo que defende: unha internacional das conciencias, unha república de iguais, un novo contrato da sociedade coa natureza, unha austeridade fértil cunha nova abundancia creativa, un feminismo que emancipe a mulleres e homes, descolonizar a imaxinación e sabotar con ironía todo dogmatismo, o acordo secreto entre xeracións, unha soidade solidaria, a arte de caer e pensar o impensábel… E prohibir toda posesión de armas, cunha excepción: a risa.”

Recomendamos: Velloucas & Minchas, de Lorena Conde

Velloucas & Minchas, de Lorena Conde, que gañou o III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, é un libro publicado por Cuarto de inverno.

“Despois do “suceso”, a Sofía non lle queda outra que ir pasar parte do verán ao piso da súa avoa Rosa en Veigamoa, onde parece que nunca acontece nada. Unha vez alí, a rapaza decátase de que o ambiente na vila está enrarecido, de que a xente escapa da súa avoa e das súas amigas cando van pola rúa, de que reciben chamadas telefónicas no medio da noite e de que sofren actos vandálicos no edificio. Coa mosca detrás da orella, Sofía decide pescudar. Non lle gusta nada o que descobre, se hai algo que non pode soportar, son as inxustizas.
Coa axuda da súa mellor amiga Gabri e as boas persoas da vila, trata de resolver o sarillo no que está metida a avoa Rosa e mais as súas amigas e veciñas Gloria e Lita. Conseguirano?”

Recomendamos: O nariz de Fiz, de Miro Villar

O nariz de Fiz, de Miro Villar, é un libro publicado por Galaxia.

“Fiz vive nunha aldea da montaña da Galicia rural.
É “unha criatura pequerrechiña e miudiña”, pero posúe unha estraña habelencia que o vai converter en protagonista de emocionantes aventuras.”

Recomendamos: A tribo que conserva o lume, de Teresa Moure

A tribo que conserva o lume, de Teresa Moure, é o nova obra narrativa da autora, publicado por Através.

“Mas os dias não existem, somos nós a dar-lhes sentido, a considerar que o planeta roda como um relógio imenso, só para nós.Quem matou Thomas Dinger? Era um aventureiro sem palavra? Um professor da Universidade de Ann Arbor? Um colaborador dos serviços de inteligência americana? Um anarcoprimitivista? Poderemos saber quem foi realmente esse homem que apareceu morto na sua casa no Michigan? Cinco anos depois do seu passamento e devido a reiteradas mortes de linguistas em todo o mundo, duas mulheres envolvem-se em investigações paralelas com consequências imprevisíveis.”