Recomendamos: Retratos en branco e negro, de Charo Pita

Retratos en branco e negro, de Charo Pita, é unha obra publicada por Galaxia.

“Retratos fantasmais onde o extraordinario e o cotián, a fotografía e a palabra, o branco e o negro van da man para construíren realidades que, dalgún xeito, acaban apuntando á nosa.”

Recomendamos: Teorías do fin, de Antonio Seijas

Teorías do fin, de Antonio Seijas, obra gañadora do XXXVII Premio de poesía Cidade de Ourense, está publicada por Aira.

“Dámosche a benvida ao final do mundo que coñeces. Non á fin senón ao fin, porque a nova fase que virá terá o seu particular propósito, as súas propias arelas e soños. Antonio Seijas debuta como poeta con este libro no que amosa unha gran capacidade para crear imaxes e ambientes que superan a mirada cotiá sobre o que nos arrodea para nos propor un diálogo coa totalidade, co latexo da materia que se envolve nunha aperta lírica coas nosas emocións.”

Recomendamos: As Sentinelas do Silencio, de Beatriz Maceda Abeleira

As Sentinelas do Silencio, de Beatriz Maceda Abeleira, con ilustracións de Laura Veleiro, é un libro publicado por Xerais.

“Iria ten que deixar a cidade onde vive, as súas amigas, o colexio, a praia das tardes do verán…, para mudarse cos seus pais ao campo, a un lugar chamado Malvela. Alí a súa vida semella perder todo o sentido. Mais, pouco a pouco, irá coñecendo unha comunidade de persoas especiais que, dotadas de cadanseu don, van ensinarlle outra maneira de estar no mundo, moito máis consciente. Todas elas teñen en común unha curiosa característica: calzan un zapato de distinta cor en cada pé. Iria descubrirá que ese distintivo é o que identifica os membros dunha sociedade creada en Malvela: «As Sentinelas do Silencio».”

Recomendamos: Na insônia cruel do relógio, de Antom Laia

Na insônia cruel do relógio, de Antom Laia, é un libro publicado por Medulia.

“Con fermosas fotografías interiores a toda cor realizadas por Antom Laia e pola poeta Teresa Ramiro, estamos ante un libro de poemas de gran forza visual. A paisaxe, o amor pola natureza, pola terra ou o desexo, están presentes nestas páxinas.”