Recomendamos: Lingo, de Gaston Dorren

Lingo, de Gaston Dorren, é unha obra publicada por Rinoceronte, en tradución de Moisés Barcia.

Lingo propón unha viaxe por Europa e o seu amplo abano de linguas. Gaston Dorren recolle sesenta curiosidades arredor da diversidade lingüística europea que combinan historia, cultura e lingüística. Comprobaredes como ao francés, aparentemente tan maduro, o move realmente unha fixación pola súa nai ou que o alemán –contra o que cabería agardar– non se espallou por Europa a punta de pistola. Tamén viaxaredes a lugares máis afastados, cando exploremos a estraña natureza democrática do noruegués, as tendencias zigzagueantes do neerlandés no tocante ao xénero, as sanguentas batallas libradas por culpa do grego e os orfos lingüísticos dos Balcáns. E, afastándovos aínda máis dos camiños trillados, guiarémosvos ata as antigas reliquias do lituano, o snobismo do sorbio e os desconcertantes xiros do éuscaro.”
Aquí pode lerse unha mostra da obra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s