Recomendamos: Historia da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos

Historia da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos, é unha obra publicada por Aira Editorial.

“O pasado de Galicia como nunca cho contaron. Mapas, obxectos, acontecementos e personaxes para que nos coñezamos mellor.
Dos autores do Atlas da Galicia pequeniña.”
Aquí podes ler un pequeno fragmento da obra.

Recomendamos: O voo da curuxa, de Inacio e Iván Suárez

O voo da curuxa, de Inacio e Iván Suárez, é un libro publicado por Demo Editorial.

“Esta obra é un achegamento fascinante aos derradeiros meses de vida de dona Emilia. No seu aspecto gráfico, lémbranos a estética dos gravados clásicos, e consegue cativarnos grazas a un guión maduro e con ritmo narrativo áxil que transita entre o real e o literario, incorporando relatos da propia Pardo Bazán.”

Recomendamos: Nós seis, de Julia Lago

Nós seis, de Julia Lago, Premio Castelao de banda deseñada de 2021, é un libro publicado pola Deputación da Coruña.

“A obra recrea a historia da propia avoa da autora como nena ferrolá que viviu nun internado do franquismo dos anos cincuenta. Segundo apunta Lago, con este traballo quere contribuír a “tomar conciencia do valor do traballo e da rebeldía de persoas como Mercedes, que non se dobregaron baixo normas opresivas e misóxinas, e conseguiron, grazas á súa resistencia, que hoxe en día sexan consideradas como o que son: represoras, machistas e alienantes”, ademais de “coñecer os piares sobre os que están construídos os valores arraigados na sociedade española (machismo, pudor, complexos)”.”

Recomendamos: Astérix e os normandos

Astérix e os normandos, de Goscinny e Uderzo, está publicado na súa versión galega (realizada por Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar) por Edicións Xerais.

“Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum… Nesta ocasión, os normandos chegan á aldea gala dispostos a descubrir o que é o medo. Ao bateren con Astérix e Obélix, e co resto dos irredutibles galos, de seguro que o van conseguir.”

Recomendamos: O derradeiro libro de Emma Olsen, novela gráfica de Berta Dávila e Pablo Prado

O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila e Pablo Prado, é unha novela gráfica publicada por Galaxia.

“Logo do éxito recollido pola novela de Berta Dávila, a autora, abeirada á pluma certeira de Pablo Prado, ofrécenos esta novela gráfica. De novo os mesmos personaxes atrapados polas paixóns da alma máis contraditorias. Capaces de amar, de odiar, de agochar segredos que só poden saír cando a vida chega á súa fin.
Escritora e debuxante en simbiose incrible para facer unha novela nova que, sendo a mesma, é radicalmente diferente.”

Recomendamos: Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de Terra

Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de Terra, de Iván Suárez (deseños), Xico Paradelo, Irene Veiga e Carlos Rafael Ramos (roteiro), é un libro de banda deseñada publicado por Demo Editorial e Através Editora.

“Banda Desenhada alicerçada em vários itens da biografia de Ricardo Carvalho Calero: a infância em Ferrol, os estudos universitários em Compostela, a Guerra do 36, a docência em Lugo no Colégio Fingoi, catedrático na USC e a eclosão do reintegracionismo. Tudo orquestrado de forma a mostrar os problemas da situação cultural, linguística e política do país ao longo do século XX e do estado de cousas na atualidade.
A obra arranca em Lisboa, 1996, numha realidade alternativa. Durante o ato de fundaçom da Comunidade dos Países de Língua Portugyesa, Ricardo Carvalho Calero, representante da Galiza e um dos principais intelectuais do galeguismo, imagina, momentos antes de tomar a palavra, como teria sido a sua história e a da sua Terra se o passado tivesse acontecido de umha forma diferente.”

Recomendamos: Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos

Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños e Jorge Campos, é unha obra publicada por Aira Editorial.

“Libro ilustrado pensado para crianzas de todas as idades que percorre moitas áreas da identidade nacional galega: xeografía, historia, lendas, personaxes célebres, festas e celebracións, símbolos… Un percorrido visual útil para aprender a coñecernos mellor como pobo, desenvolvido con mestría por César Cequeliños e por Jorge Campos, premio da Gala do Libro 2017 polo seu cómic Alter·Nativo

“Alter·nativo: a banda deseñada dos sendeiros que se entrecruzan”, por Rodrigo Osorio

Deixamos aquí a crítica feita por Rodrigo Osorio desta obra. Moitas grazas pola túa colaboración!

Alter-Nativo, de Jorge Campos
Aira editorial, 2017

1. Herbert Quain, Ts’ui Pên y Leif Tande
“Los mundos que propone April March [a novela de Herbert Quain] no son regresivos, es la manera de historiarlos […] Trece capítulos integran la obra. El primero refiere el ambiguo diálogo de unos desconocidos en un andén. El segundo refiere los sucesos de la víspera del primero. El tercero, también retrógrado, refiere los sucesos de otra posible víspera del primero; el cuarto, los de otra. Cada una de esas tres vísperas (que rigurosamente se excluyen) se ramifica en otras tres vísperas de índole muy diversa. La obra total consta, pues, de nueve novelas; cada novela, de tres largos capítulos.”
(Examen de la obra de Herbert Quain, de Jorge Luis Borges en El jardín de los senderos que se bifurcan, 1944)
“Casi en el acto comprendí El jardín de los senderos que se bifurcan era la novela caótica, la frase varios porvenires (no a todos) me sugirió la imagen de la bifurcación en el tiempo, no en el espacio. La relectura general de la obra confirmó esa teoría. En todas las ficciones, cada vez que un hombre se enfrenta con diversas alternativas, opta por una y elimina las otras,; en la del casi inextricable Ts’ui Pên opta -simultáneamente- por todas. Crea, así, diversos porvenires, diversos tiempos que también proliferan y se bifurcan.”
(El jardín de los senderos que se bifurcan, de J. L. Borges en El jardín de los senderos que se bifurcan, 1944)
“La idea de Morlac me vino durante una exposición de obras del pintor David Bradbury. Las formas y los colores, la yuxtaposición de los personajes, todo este universo a la vez tan creíble y tan emocionante inició un proceso cognitivo cuya resultante fue la subdivisión simultánea del vínculo del guión y la partición intrínseca de la relación tiempo/espacio de la historia sobre la que trabajaba. Fue entonces cuando el relato se adueñó del destino y se subdividió en innumerables ramificaciones simultáneas. Ahora le toca al lector encontrar el hilo conductor y decidir que avenidas tomar para guiar el personaje hasta el final del relato. ¡Cuidado! Una mala opción puede significar un callejón sin salida del guión… ¡Así como la muerte del personaje!”
Prólogo de Leif Tande en Morlac, Diábolo ediciones, 2006.

2. Alter·nativo: instrucións de uso.
Coido que a única tacha que lle podo poñer á historieta de Jorge Campos é a falla dunhas breves instrucións de uso. A súa ausencia poden facer que moitas lectoras non se acheguen a unha obra ben interesante tanto pola historia que conta (as fantásticas -en todas as súas acepcións- aventuras dun náufrago nunhas illas máxicas) como pola forma na que as conta (o autor concibe múltiples posibilidades para que a historia desta personaxe se desenvolva e nolas presenta, o título é claro, de xeito alternativo).

3. Os cadriños que se entrecruzan
Nesta banda deseñada a forma ten moita importancia. Os cadros van multiplicándose, dividíndose, mesturándose e fundíndose para amosar todas esas alternativas: todas realidades paralelas que nalgúns intres cuestionan a nosa percepción da realidade. Semella denso? Pois non o é: Alter·nativo é unha historieta divertida e axeitada para todas as idades.
O xogo é o seguinte nalgúns momentos a personaxe ten que tomar decisións: na páxina 2, por exemplo, subir unha montaña ou seguir o camiñando pola praia e segundo o que o lector escolla terá que continuar lendo a historia ben pola banda superior ben pola inferior da historieta. Máis adiante, se seguimos a opción de subir a montaña, a personaxe pode optar por botar unha soneca ou baixar a unha enseada [páx. 4] intre no que Campos ofrécenos a banda do medio, unha outra vía para continúar a historia.
As alternativas non se complican demasiado, neste trazo é menos complexo que a banda deseñada Morlac, de Leif Tande, pero en ocasións hai até cinco realidades paralelas pero, por favor, non se asusten, repito: Alter·nativo é unha historieta divertida, axeitada e moi recomendable para todas as idades.

4. Elixe a túa propia aventura
Amais dos referentes máis cultos que citei ao comezo desta crítica a historieta de Jorge Campos lémbrame aqueles libros de Elixe a túa propia aventura que tiveron un certo éxito alá polos anos 80, no que os lectores podíamos decidir indo a unha ou outra páxina o destino dos seus protagonistas (unha Rayuela voluntaria).
As lectoras podemos participar nas escollas do protagonista e facer avanzar a historia mais as nosas decisións teñen unhas consecuencias limitadas porque as realidades paralelas inflúen unhas nas outras dun xeito sorprendente que cuestiona a nosa concepción da realidade.

5. Un mundo peculiar
Os espazos nos que o protagonista vive as súas aventuras están repletos de referentes literarios todos eles vencellados coas illas, o mar ou os naufraxios: Posidón, Pinocchio, Long John Silver, os liliputienses, sereas,…
Seguer os pasos do protagonista nesta aventura sen unha soa palabra fainos coñecer un mundo peculiar que se vai enriquecendo con cada lectura, con cada alternativa.

6. Coda: A edición
A coidada edición de Aira editorial resalta a concepción da historia, a opción polo despregábel reforza a idea do autor e o desenvolvemento da historia e permite desfrutar de algúns cadros a doble páxina sen o encordio das costuras dos libros.

Recomendamos: Os que levan o lume, de Álvaro López

Os que levan o lume éÁlvaro López Os que levan o lume unha novela gráfica de Álvaro López, publicada por Demo Editorial.

“Volta a ciencia ficción a Demo Editorial dentro da colección HäinöS e volta tamén Álvaro López, autor do guión de Sálpock: O Val dos Cegos, editado polo noso selo e debuxado por Luís Sendón.
Da man de Álvaro, en solitario desta vez, como autor completo de guión e debuxos, tráenos unha novela gráfica de 120 páxinas de extensión que destaca pola súa fluidez narrativa e onde descubrimos a un autor maduro, evolucionado e que elixe a sinxeleza do debuxo para contar unha historia oscura con total claridade.
Os que levan o lume é unha historia desas que con total seguridade ides a disfrutar todos os lectores amantes da aventura e os mundos fantásticos e futuristas.”

Aquí tedes unha crítica do texto publicada en Komic.

Recomendamos: Castelao. Atila, de Inacio e Iván Suárez

Castelao. Atila, banda Inacio e Iván Suárez Castelao Atiladeseñada de Inacio e Iván Suárez, foi publicada por Demo Editorial e Komic Librería.

Atila sitúanos a comezos de 1938, cando a Guerra Civil xa afectara definitivamente a filosofía e o pensamento de Castelao. Nunha Barcelona bombardeada pola aviación fascista italiana, o autor concede unha entrevista á xornalista e dramaturga Magda Donato (publicada no número 32 do magacín Mi Revista), na que saen a relucir anécdotas e historias da nenez, e reflexións sobre as súas obras Galicia mártir e Atila en Galicia. Podedes descargar o avance coas dez primeiras páxinas do cómic neste enlace.