Depor Vida é a crónica da tempada 2012/2013 do Deportivo da Coruña, feita polos xornalistas Rosabel Candal e Xerardo Porto. No acto, que terá lugar o mércores 3 de xullo, ás 20:00 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto (Campo de Marte-Rúa da Torre), participan, xunto aos autores, Henrique Sanfiz e o adestrador do Depor, Fernando Vázquez.
Este é un petisco do libro:
“E o mellor de todo: foi quen de devolver a ilusión a todo o mundo: aos futbolistas, ao club, aos afeccionados, á cidade… O deportivismo renaceu. Os seareiros asumiron o discurso de Vázquez e fixeron seu o lema “pódese”. Claro que só faltaba o máis complicado: despois de tres vitorias en 23 partidos, había que gañar sete ou oito (eran as contas do míster) en quince. Todo un reto, que se volveu máis complicado aínda tras catro xornadas sen acadar o triunfo: sete/oito vitorias en once partidos.”