Recomendamos: Cociñando con Bolboretas no bandullo

Cociñando con Bolboretas no bandullo é un libro publicado por Edicións Xerais, obra de Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz, ilustrado por Iván Rodríguez Castro.

“En Cociñando con Bolboretas no bandullo cada receita garda una historia, pequenos relatos que vos engaiolarán, moito sabor e, sobre todo, moita, moita diversión. Metemos as mans na masa, xogamos coa comida, argallamos pratos sorprendentes e só de pensar nos resultados … non podemos parar de babexar. Entre estas páxinas agóchanse momentos para gozar e sabores por conquistar. Adiante, bolboreteiras e bolboreteiros. Agardámosvos con moita ilusión. Podedes seguir todo o proceso de elaboración das receitas na nosa canle de YouTube a través dos códigos QR que aparecen en cada unha delas.”

Todo menos o cuiñar, de John Barlow, publicado por Franouren

Os ollos da neboa fálannos, rin. Abren os nosos. Benvido, John, con este Todo menos o cuiñar, editado en Franouren.
Que o porco te guíe, e ti a nós.