Recomendamos: Tonecho, de Xaquín Marín

Tonecho, de Xaquín Marín, é unha obra publicada por Galaxia.

“Tonecho é un personaxe mítico creado polo non menos mítico debuxante Xaquín Marín. Dende as páxinas da inesquecible revista Golfiño (2000-2004), que educou visualmente varias xeracións de galegas e galegos, e onde traballaban os máis grandes do humor gráfico de Nós, Tonecho aparecía como unha voz cargada de retranca, inxenua, mais de profunda sabedoría, e moita crítica. Nesta edición, a Editorial Galaxia recupera este traballo dun Xaquín Marín pletórico nun instante crucial da súa carreira. Esta edición que agora publicamos recolle a colección completa de Tonechos.
Para ler e rir con vagar.”

Aquí pode lerse a recensión de Ramón Nicolás, no seu blogue Caderno da crítica.