Recomendamos: A Galiza feminista. Tebras e alboradas, de Miriam Couceiro Castro

A Galiza feminista. Tebras e alboradas, de Miriam Couceiro Castro, é unha obra publicada por Galaxia.

“Neste libro, a autora achégase a un posible relato arredor do movemento feminista en Galicia, unha corrente de pensamento, e sobre todo de acción, sen a cal non é posible entender a nosa terra nos nosos días. Miriam Couceiro Castro cóntanos o camiño percorrido dende os inicios ata as folgas feministas do 8-M nun estilo coidado e ameno, lonxe de formulacións academicistas e co obxectivo de espallar unha historia de loita e rebeldía onde as mulleres continúan marchando na actualidade. Porque o camiño da Igualdade desexada aínda está, desafortunadamente, moi lonxe.”