Recomendamos: O paraíso dos inocentes, de Antón Riveiro Coello

O paraíso dos inocentes, de Antón Riveiro Coello, gañadora do Premio Torrente Ballester de 2019, é unha obra publicada por Galaxia.

“Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosar as filas do exército. Ao mesmo tempo en Bruxelas, días antes do atentado terrorista de Zaventem, Alicia topa indicios desacougantes que a fan temer pola vida da súa parella.
Tecida a partir destas historias, O paraíso dos inocentes é unha viaxe á cerna da destrución provocada polo conflito sirio e á traxedia dos refuxiados, ao tempo que un canto emocionado á solidariedade, á esperanza e á liberdade.
Novela envolvente, na liña doutras obras do autor, como As rulas de Bakunin e Laura no deserto, escrita desde o interior de personaxes que atravesan o horror cos ollos abertos e buscan un exorcismo na loita, no exilio ou no compromiso solidario. Intentos deseperados de axustaren toda a dor á expectativa dunha reconstrución.”

Recomendamos: Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo

Todo canto fomos,Xosé Monteagudo Todo canto fomos de Xosé Monteagudo, é unha obra narrativa publicada por Galaxia.

“Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles.
Un escritor de novelas policiais, residente en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. Todo canto fomos é unha novela que percorre máis de un século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente.”

Pode lerse aquí a recensión de Antón Riveiro Coello en Barbantia.