Recomendamos: A pedra de ámbar gris, de Noa Setemuíños

A pedra de ámbar gris, de Noa Setemuíños, é unha obra publicada por Morgante.

“Hoxe en ruínas, a factoría baleeira de Massó viviu unha época de intensa actividade. As súas conservas eran coñecidas en toda Europa e tamén en América.
Baseándose na fascinante historia deste emporio, a autora traza un relato de ficción, de longo alento, onde se entrecruzan as vidas de varios dos seus protagonistas, tendo como pano de fondo o ascenso e caída da actividade baleeira en Galicia.”

Galicia Rural, de Iain Colquhoun

Iain Colquhoun, un inglés que reside aquí desde 1991, deixounos esta ollada delicada e tan allea como propia á Galicia Rural de onde provimos case todas e todos nós. Unha forma de ver e de vernos do máis interesante. Nas súas palabras:
“(…) A cultura rural en Galicia, os seus costumes e obxectos, a súa arquitectura e a súa simple pero efectiva tecnoloxía foi construída pola xente común e é unha herdanza inestimable que non só ten que ser consevada, contemplada e admirada; é un modelo do cal tirar algunhas leccións importantes para o futuro. É hora de que escoitemos de novo unhas voces vellas e sabias que seguen resoando entre estes vellos muros de pedra e que nos falan doutra maneira de vivir en consonancia coa nosa verdadeira humanidade e co noso planeta Terra. (…)”.