Recomendamos: A formiga destemida, de María Reimóndez

A formiga destemida, de María Reimóndez, ilustrado por Iván Sende, é un libro publicado por Xerais.

“Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias. Polo camiño vaise atopar con animais que nunca vira e aprenderá a facer cousas que xamais imaxinara: tocar música, flotar na auga, voar… Tamén saberá da existencia dos humanos: serán tan malvados como contan? Sen temor ao descoñecido, está disposta a descubrilo por ela mesma. Unha fábula sobre a ansia de coñecemento e sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten.”

Recomendamos: Sira e o robot. Adventures on Titan, de Miguel Mosqueira e Mark Wiersma

Sira e o robot. Adventures on Titan éMiguel Mosqueira Sira e o robot a primeira incursión narrativa de Miguel Mosqueira, con Mark Wiersma, con ilustracións de Iván Sende, publicada en Xerais. O libro vén acompañado cun CD musical.

“Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música.Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. Un venres, totalmente aburrida da vida terrestre, ve un anuncio na televisión sobre un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre.Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneira natural na narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio. Unha historia para ler e escoitar.”

https://www.youtube-nocookie.com/embed/zr8xoXLk2sY