Relatos de Cascarilla. 12 contos de xente da Coruña, de César Concheiro, con ilustración de Laura Veleiro, é unha obra publicada por Grupo Beroly.
“Relatos de Cascarilla achéganos ás vidas de distintas persoas que comparten como escenario a cidade da Coruña.
No transcurso dos relatos acompañaremos os protagonistas por alegrías e tristezas, por amores ou soidades, por tempos pasados e tiempos por vir, e veremos como teñen en común algo máis que un lugar ou un tempo.
A necesidade de comprensión, afecto e amizade ábrese paso encarnada nas persoas que desfilan ante nós, mirando aos ollos e á nosa comprensión como seres fráxiles, resistentes, efémeros e todos eles importantes.”