Recomendamos: Como não ser, tranquilamente, human@s. Técnica e política da Antiguidade à era neoliberal, de Rebeca Baceiredo

Como não ser, tranquilamente, human@s. Técnica e política da Antiguidade à era neoliberal, de Rebeca Baceiredo, é unha obra publicada por Através.

Como não ser, tranquilamente, human@s. Técnica e política da Antiguidade à era neoliberal procura a relação entre a concepção da técnica, o antropocentrismo e o pacto social, que envolve, não só o âmbito deliberativo da constituição da cidadania, referente ao logos, mas a distribuição de funções, quer dizer, o trabalho.
Se numa origem a técnica era concebida como pré-humana, posteriormente passa a ser entendida como uma capacidade do antropos, inaugurando o humanismo. Porém, na atualidade, a tecnologia e tecnociência, mesmo com capacidade para alterar a própria ontologia, parecem tornar-se algo autónomo, alheio ao humano. Porém, não faz mais parte do pensamento cósmico antigo (Nous), mas da estrutura produtiva do capitalismo, que naturaliza os processos do humanismo e permanece ancorado no niilismo negativo e reativo dos últimos humanos.”

Pode lerse o prólogo aquí.

Recomendamos: Éxodo, de Rebeca Baceiredo

Éxodo, de Rebeca Baceiredo, é un libro publicado por Ápeiron.

Éxodo é un libro de relatos que segue a estrutura tripartita do Éxodo bíblico, á vez que desenvolve a semántica do termo. Non só en relación ao contido, pois as narracións mostran historias de fuxida ou emancipación, é dicir, non só evasións físicas e non só, en termos deleuzianos, liñas de escape positivas. Existen liñas de morte, deleómetros. Por outra banda, o éxodo, a partida e o tránsito, tamén afecta á propia semiótica, á linguaxe, ao xénero: de formas máis apegadas ao canon, empapadas do realismo máxico que despregan por veces as historias vitais nas antigas aldeas galegas, camíñase progresivamente cara a desintegración das estruturas clásicas nas narracións, saltando do principio de realidade á imaxinación, porque temos ese dereito esquecido. O texto, fiando só as tramas mediante personaxes que se aparecen como avatares sucesivos, franqueando tempos e espazos, dálle a volta ao calcetín, sinalando, quizais, en escenarios distópicos a posibilidade de devir, ou simplemente a ironía. Tal vez chegue a ser retranca. En calquera caso, altérase o estado, en todas as dimensións nas que modestamente pode un dispositivo semiótico. Ora ben, unha tarefa así require da actividade do pensamento.”

Recomendamos: Animais de estimação e bestas de companhia, de Rebeca Baceiredo

Animais de estimação e bestas de companhia, de Rebeca Baceiredo, é un ensaio filosófico publicado por Através Editora.

Animais de estimação e bestas de companhia é um livro em que a autora explora duma óptica filosófica a nossa relação com outras espécies e estuda a alteridade e a relação dos humanos com um Outro animal. Como se constrói a subjetividade com respeito ao Outro, o arriscado de falar por boca do Outro e a possibilidade da sua mercantilização são temas que aparecem neste ensaio. Rebeca Baceiredo faz um estudo desse outro animal que estamos se(gui)ndo.”

Recomendamos: Oiko-nomía do xénero, por Rebeca Baceiredo

Oiko-nomía do xénero, de Rebeca Baceiredo, é un ensaio publicado por Axóuxere Editora.

“A visión que nos presentaron historicamente como verdade única –e que foi usada como criterio socializador–, así como os propios conceptos empregados na confección do discurso patriarcal, son sinxelas proxeccións do actual paradigma interpretativo: a perspectiva patriarcal, edificada como norma hermenéutica, que se impón como prisma para ler a evolución das sociedades e das súas subxectividades interiores.
Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979), nunha fina re-interpretación das pegadas históricas, que van desde a Prehistoria ata a vertixinosa contemporaneidade do neoliberalismo, pasando pola Idade Media e por varios sistemas culturais non occidentais, proponnos con Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras unha re-visión e axuste daquel mito explicativo, a partir da análise do xénero como función subalterna, e da íntima relación que o xénero garda co concepto de propiedade, oiko, e co da súa xestión, nómos. Seguindo as liñas abertas pola antropoloxía marxista e feminista, son pensadas as formas da propiedade, a mercadoría e o diñeiro, vinculadas todas elas ao papel deses suxeitos subalternos que son, neste caso, as mulleres.”

Aquí pode lerse a entrevista que Montse Dopico realizou á autora en Praza.

Recomendamos: O canto da Sibila, de Rebeca Baceiredo

O canto da Sibila é un poemario de Rebeca Baceiredo, publicado en Galaxia.

“Facendo uso da lírica pagá e medieval mais guindando boias ás tradicións non occidentais, retómase a palabra non dita, a palabra non articulada, a palabra gutural, retida na gorxa das mulleres.
Entre os pasos pisados con solemnidade e forza, rachando a atmosfera postapocalíptica, a sibila anuncia unha lírica que foxe da clausura, abríndose ás fendas do eu.”

Aquí poder lerse esta entrevista feita á autora na Palavra Comum.