Recomendamos: Crónicas de Arteixo II, de Xabier Maceiras

Crónicas de Arteixo II, de Xabier Maceiras é un novo libro de divulgación publicado polo autor.

“Esta segunda entrega da memoria do Concello de Arteixo recolle o testemuño de numerosas personaxes e curiosidades de antano, onde se descobre a importancia das fontes orais.”

Poden verse dúas entrevistas co autor aquí e tamén nesta ligazón.

Recomendamos: Crónicas de Arteixo, de Xabier Maceiras

Crónicas de Arteixo é un libro de Xabier Maceiras, publicado por Edicións Embora.

“Neste libro rescátase o Arteixo de antes como memoria non contada en ningures. Abránguense imprescindibles temas, situacións e personaxes deste concello. Amósase verdadeira paixón pola importancia das fontes orais que, en moitos casos, son o único manancial do que abrollan estas historias.”

Recomendamos tamén seguir o blogue homónimo do autor, aquí.

O Mar de Arteixo e os seus naufráxios, de Xabier Maceiras

Xabier desempena pedra. Ábrea. Fai o valado da nosa memoria, e chama pola vida, que nos cega.
Voces impresas, voces de avós. Irrealidade e maxia. Dato. Contido pra un Continente.
O Mar de Arteixo e os seus naufráxios, de Xabier Maceiras, está publicado pola A. C. Monte da Estrela de Arteixo.