Recomendamos: Un verán en Galicia, de Catherine Gasquoine Hartley

Un verán en Galicia, de Catherine Gasquoine Hartley, traducida por Xosé María Gómez Clemente, é unha obra publicada por Rinoceronte.

“”Soamente aqueles que comprenden que hai que achegarse aos lugares coa mesma disposición coa que se coñece un amigo –con simpatía, amor e sentimentos altruístas–, poden persuadir un país para que lles revele os seus segredos, a súa beleza e verdades.”
Publicado orixinalmente en inglés no ano 1911, Un verán en Galicia describe o noso país a comezos do século pasado, ao tempo que afonda nos seus trazos distintivos.”

Pode lerse un fragmento da obra aquí.