Recomendamos: Onde as rúas non teñen nome, de Xurxo Ayán

Onde as rúas non teñen nome, de Xurxo Ayán, é un libro publicado por Positivas.

“Nas páxinas que seguen non procuro aproveitarme das fírgoas do sistema, de adentrarme no mundo dos –ismos e das modas do mercado. Non precuro ser unha versión local, un epígono dos mundos persoais e irrepetibles de Xuan Bello ou Ryszard Kapuscinski.
Tampouco vou defender identidades asoballadas, sexan do Primeiro ou do Terceiro Mundo. Non son un médico sen fronteiras, nin son un misioneiro.
Vou falar de homes e mulleres, do presente e do pasado. Como dicía un coñecido David Lowenthal o pasado é un país estraño, habitado por xente que xa non está, pero que un pode lembrar ou mesmo inventar. A idea de que a Historia é a mestra da vida é unha estupidez, clásica iso si. Non creo no seu poder para fornecer leccións morais, nin que sexa unha simple narrativa de lecer, unha retórica baleira. Non.
Vou falar, na miña lingua materna, de oralidade, de memoria, de identidade, de trauma, de emigración, de guerra. Quizabes seguiremos sen saber como nos chamamos. Pero alomenos poderemos comezar a coñecer ao Outro e, de paso, coñecérmonos a nós mesmos. Coñecérmonos a Nós-outros.
(de UN LIMIAR DE HAI TRECE ANOS)”

Aquí pode lerse a crítica feita por Xosé Manuel Eyré en Ferradura en tránsito II.

Presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, este xoves 31 ás 19:30 horas

Este xoves 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, no local da Asociación de Veciños de Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules (na Biblioteca da Asociación no Campo de Marte, s/n.) esta Librería, a Asociación de Amigos do Arqueolóxico e o Proxecto Cárcere, organizan a presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, publicado por 2.0 editora. No acto, xunto aos autores, participa Xurxo Souto. Non o perdas!!!!!!!!!!!

Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago, 2.0 editora

Herdeiros pola forza é unha reflexión atinada sobre o noso cerne. Posta ó día do noso patrimonio. Propóñennos, istes dous magos, Manuel Gago e Xurxo Ayán, unha rehumanización da nosa paisaxe, e un respeito polos máis febles. Tentemos formar parte disa panxea que nos aperta. Fagámola nosa!.