Recomendamos: María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero Masiá

OMaría Barbeito libro María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970), de Ana Romero Masiá, está publicado por Baía Edicións.

“María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queridos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora.
O presente estudo está organizado seguindo un criterio temático-cronolóxico. A esta introdución seguen catro capítulos dedicados aos catro ámbitos básicos da actividade de María Barbeito: o profesional, o benéfico-social, o literario-cultural e o das actividades cívicas e feministas. A eles segue un capítulo dedicado á traxedia que significou a depuración a que foi sometida e que determinou a separación da docencia, unha nova etapa na súa vida marcada polo silencio, a nostalxia e o sufrimento.”

Recomendamos: O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira

O Miño. Un caudal de historiaO Miño Carreira é o último traballo de Anselmo López Carreira, publicado por Edicións Xerais.

“O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país. O seu fluír vainos suxerindo momentos moi diversos que se nos presentan sen orde cronolóxica. Se o lector reordenase os capítulos conforme a secuencia temporal, comprobaría que o panorama abrangue desde os tempos máis recuados ata o presente. Todo o existir da nación.”

Recomendamos: O amor, l’amour, de Pepe Carreiro

O amor, l’amour é oPepe Carreiro O Amor novo libro de Pepe Carreiro, publicado por Edicións Moito Conto.

“Primeiro libro da colección “Algo así debeu pasar…”: O AMOR, L´AMOUR. Esta nova colección, deseñada por Pepe Carreiro, conta historias particulares de personaxes de ficción que se desenvolven mentres transcorren acontecementos senlleiros para a historia de Galicia.
Neste caso os protagonistas vivirán unha aventura no breve, mais intenso, período histórico no que o exército de Napoleón andou por Galicia.

Recomendamos: Tronzar os valos, de Sés

XaSés Tronzar os valos está aquí Tronzar os valos, o último traballo de María Xosé Silvar, Sés, editado por Fol Música.

Novo traballo da artista galega máis relevante do momento. Unha cantautora que viste as súas cancións de blues, rock e sons latinoamericanos. Tronzar os valos ten 12 temas novos para disfrutar da súa música. Nesta ligazón podedes ir sabendo onde terán lugar os concertos de presentación.

Aquí pode escoitarse o tema que dá título ao novo disco.