Recomendamos: E continuaremos a contar, de Paula Carballeira

E continuaremos a contar, de Paula Carballeira, é unha obra publicada por Através Editora.

““O que contamos reescreve-nos, permanentemente. Assim, vamos preparando o tempo que há-de vir, quase sempre incrédulos com a metamorfose que é a vida. Contamos, porque a isso estamos obrigados, pela nossa natureza narrante, pela nossa condição de ‘animal imaginário’, por compreendermos a finitude dos dias, pela inquietação de sabermos que, um dia, seremos apenas as histórias que contámos.” – Cristina Taquelim.”

Recomendamos: Levaino!, de Xurxo Fernandes

Levaino! é o primeiro traballo musical en solitario de Xurxo Fernandes.

“Creador e artista coruñés cunha extensa traxectoria no ámbito da etnografía e das músicas de raíz. Xurxo Fernandes fórmase desde moi novo en baile e canto tradicional tanto de xeito autodidacta como a través do contacto con fontes da sabedoría popular. A súa curiosidade leva ao creador a iniciar, en 1994, unha investigación e recollida polas aldeas de Galicia que mantén ao longo de máis de dúas décadas tamén nos países do antigo Imperio Otomano. Este traballo de campo, a través de conversas e enquisas, outorga ao artista unha fonda cosmovisión da tradición oral galega e sefardí.
‍Levaino! (2021), o seu primeiro traballo en solitario, é a representación desa dualidade que comprende Xurxo Fernandes. É un revelador xogo de espellos no que Galicia e Oriente se reflicten e que, por vez primeira, o artista amosa nun suxerente traballo discográfico. A tradición oral galega, acompañada dun instrumento representativo desta como é a pandeireta, é a base e o punto de encontro de creacións sonoras que se nutren doutras tradicións, acompañados de arranxos modernos e dunha instrumentación moderna que se introduce dun xeito natural. En Levaino! atoparemos temas recollidos polo propio artista en Coristanco, Samakov, A Mezquita, Salihli, Tordoia, Larache ou Tel Aviv. Unha ducia de paisaxes sonoras pouco coñecidas, que comezan no Mediterráneo Oriental e que rematan en Galicia, que explicitan e manifestan os vínculos entre ambas culturas e tradicións orais.”

Aquí pode verse unha entrevista co autor na Televisión de Galicia.

Recomendamos: O axolote e outros contos de bestas e auga, de Lara Dopazo Ruibal

O axolote e outros contos de bestas e auga, de Lara Dopazo Ruibal, que gañou o Premio Illa Nova de 2020, é unha obra publicada por Galaxia.

“Nestes relatos atoparás unha ducia de historias lostregantes que teñen como elemento común o sobrenatural. Contos que combinan o desacougo co humor, o improbable co imposible, o humano e mais o natural, todo superposto e fundido nunha colección de historias de prodixios e arrepíos.
A auga e os animais –tamén outras bestas– cobran protagonismo nestas páxinas. A autora logra dosificar a intriga e mostra un dominio da tensión para crear atmosferas envolventes e inquietantes. Cunha prosa suxerente e de grande altura estética, introdúcenos noutras épocas e latitudes con mestría e logra conmovernos en cada relato.”

Recomendamos: Cas Berlai, de Xiao Berlai

Cas Berlai é o novo traballo musical de Xiao Berlai.

“A beleza está nas “flores que nascem do cimento”. Assi nasce Cas Berlai.
Este trabalho medra no confinamento vivido na aldeia. Com todo o bom de estar aquí nestes momentos (e também noutros, claro). Sem esquecer as casas a meio construir no rural galego. Casas que som esqueleto de formigom (como prelúdios de ilusons rotas).
Cas Berlai é um canto à rutina, à beleza do quotidiano. Neste disco cada cançom converte-se num espaço da casa.
É o meu pai, que já nom está “No espelho”; som as rupturas dos amores que nos tronçarom na “A lista da compra -da viúva-“ (poema de Emma Pedreira galardoado com o Premio Poesía Jovellanos ao Mejor Poema del Mundo); é o amor e o presente “Na cama”; é o meu TDAH “No corredor”; som as festas que montamos com os fantasmas que nos visitam “Na sala”; som as minhas merdas “No water”, som as minhas…”
Cas Berlai foi composto e gravado quase na sua totalidade no confinamento e sem ver-se entre os músicos. E asi soa: acústico, feito na casa. Contrabaixo, guitarra acústica, piano, batería e até uns kazoos (feitos de restos plásticos) convertidos aqui nos ventos do disco.”