Recomendamos: Libro de horas, de Miguel Anxo Murado

Libro de horas,miguel-anxo-murado-libro-de-horas de Miguel Anxo Murado, é unha obra publicada por Galaxia.

“Un dobre do rei de Marrocos, Hong Kong nos últimos días de control británico, unha alfombra que conta un xenocidio…

As historias desde libro están tomadas da realidade pero aparecen filtradas pola sensibilidade do escritor. Nas súas páxinas, polas que tamén transcorre a barba de Tutankhamon, a cabeza de Goya ou a figueira de Rosalía, o lector atopará explicacións a preguntas tales como cal é a única persoa cuxas cinzas repousan na lúa, como soan as cancións dos Rolling Stones en latín, como se pode que deducirán sobre a nosa Europa uns hipotéticos arqueólogos do futuro a partir da distribución das moedas de euro. Son historias, a fin de contas, que pretenden “sobrevoar os temas do día para, a base de darlles unha volta, facelos máis complexos e non máis simples”…”

Pode lerse aquí a recensión de Ramón Nicolás e esta entrevista no Diario Cultural da Radio Galega.

Recomendamos: Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo

Todo canto fomos,Xosé Monteagudo Todo canto fomos de Xosé Monteagudo, é unha obra narrativa publicada por Galaxia.

“Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles.
Un escritor de novelas policiais, residente en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. Todo canto fomos é unha novela que percorre máis de un século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente.”

Pode lerse aquí a recensión de Antón Riveiro Coello en Barbantia.

Presentación de Vinte fragmentos de mocidade voraz, de Tito Pérez Pérez, o xoves 22 de setembro ás 20 h.

14368857_1641932772764836_2003291343457439517_n“En Vinte fragmentos de mocidade voraz non atoparemos compracencia, nin optimismo, nin autoaxuda, nin moito menos un alter ego amable co autor. Dende a primeira páxina, e afondando no acontecer colectivo de xeito minucioso e descarnado, a obra convida a reflexionar encol daquilo que está e preferimos ignorar. Aquilo que nos empece, que nos torna mediocres e apáticos. Que nos humilla como individuos e como sociedade porque nos fai indignos de nós mesmos. Un espello no que contemplar a nosa faciana máis censurable.”

Aquí tedes a ficha de Tito Pérez na Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Recomendamos: DisParo, de María Canosa

DisParo, Portada_disparo.inddde María Canosa, é unha novela publicada por Edicións Embora.

“Un disparo produce un ruído tan enxordecedor que pode provocar reaccións inesperadas nas persoas. Bloquéaas, petrifícaas co medo, fainas botar a correr… Son imprevisibles. As detonacións que mudan a vontade non só saen das armas de fogo: un accidente, un desamor, un desafiuzamento,… o paro. A fortaleza de cada un non só se precisa para superar o contratempo. É imprescindible tamén sortear as miradas dos demais e a incomprensión.
DisParo é o retrato dunha desas burbullas que nacen cos atrancos, nas que a óptica do mundo muda completamente en función do lado que nos toque en sorte ocupar. “

Se queres saber máis, podes ver a recensión do crítico literario Ramón Nicolás aquí, e tamén esta entrevista á autora, publicada na revista Palavra Comum.

Presentación do disco Raíces aéreas, con Mónica de Nut e Luís Martíns

OMónica de Nut Raíces aéreas xoves 15 de setembro, ás 20:30 horas, na nosa libraría, Mónica de Nut (voz) e Luís Martíns (arpas celtas acústica e eléctrica) presentan o seu disco Raíces aéreas, gravado pola discográfica Freecode. Colabora Lucía Martínez nas percusións, zanfona e obxectos sonoros. Son e master Isaac Millán, Lagharteira Produccións. Deseño gráfico e fotografías Uqui Permui.

“O elemento inspirador son as gravacións de recollida de campo en Galicia, cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, recreamos esa herdanza aportando as nosas ás mediante a voz e a arpa.”

Se queredes coñecer máis deste proxecto podedes escoitar algúns temas no perfil de Soundcloud, ou ver e escoitar Seitura aquí:

foto-RAICES-1

Recomendamos: As horas roubadas, de María Solar

As horas roubadas, María Solar As horas roubadasde María Solar, é unha novela publicada por Edicións Xerais.

“A morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres» destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. As horas roubadas é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.”

Esta é a crítica literaria feita por Ramón Nicolás.