Recomendamos: Amor por catro, de Helena Villar

Amor por catro, de Helena Villar, é unha obra publicada por Galaxia.

Amor por catro está formado por historias de amores primeiros, eses que deixan a máis grande pegada no corazón. Os que non se esquecen. Amores que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas.
Nestes relatos atoparemos historias e vidas de xente nova que experimenta o amor, ás veces dende o conflito, mais sempre dende un forte desexo. A autora ocúpase de moitos dos perfís do amor, sen deixar de enfrontarse a temas espiñentos como a violencia de xénero. Un libro co que, estamos certos, han identificarse persoas de todas as idades. Porque todos amamos.”

Recomendamos: Os Passos da Procura, de Celso Álvarez Cáccamo

Os Passos da Procura, de Celso Álvarez Cáccamo, está publicado por Através Editora.

Os Passos da Procura de Celso Álvarez Cáccamo trazem-nos vinte anos de poesia (1997-2017) e uma serena e meditada reflexão sobre o passado e a memória.
Ao longo das suas páginas diz-nos isto é, isto fomos. Dá-nos certezas incómodas sobre o passar do tempo, produto dum dilatado percurso. Os Passos da Procura apresenta-se-nos como um livro bem assentado e tranquilo, idoso, por mor dos muitos anos desde a sua conceção até a sua publicação, um tempo que a própria obra semelhou exigir. Diz o autor que “em horas como esta as casas antigas contêm tal nostalgia que são todas a mesma”, e não deixa de no-lo confirmar ao longo do livro. Através da névoa que nos amostra veremos as lembranças, as suas e também as nossas. Pergunta-nos também, o que será isto? O autor remove por dentro as nossas emoções e vivências, porém mantém-nos no presente olhando ao futuro. Abre as casas velhas de todas nós e convida-nos: “Reunamo-nos […]/ Não é tarde para reentrar na casa / onde a memória do lume permanece”.”

Aquí pode escoitarse a opinión de Chus Nogueira sobre este libro no Diario Cultural.

Recomendamos: O Tartufo, de Molière

O Tartufo, de Molière, en tradución de Henrique Harguindey, é un libro publicado por Laiovento.

“«O Tartufo representa de xeito manifesto o triunfo da liberdade de expresión fronte á censura e o intento de afogar toda crítica ao Poder. Molière mantivo unha dura loita, resistindo rexamente contra o forte sector reaccionario incrustado no aparato do Estado e acadou finalmente a liberdade de representación. E dende o século XVII aos nosos días O Tartufo ven engaiolando arreo directores e directoras, grupos teatrais e público nas máis variadas latitudes e linguas.
Laiovento publica por primeira vez en galego O Tartufo na súa integridade e orixinalidade, sen cortes nin adaptacións; en verso, por fidelidade ao texto do autor e por recoñecemento á capacidade expresiva da nosa lingua, que pasa moi dignamente esta esixente proba. E a comedia acompáñase con varios documentos imprescindíbeis nunha boa edición: os tres placet nos que Molière pediu ao rei que autorizase a representación e mais o magnífico prefacio no que realiza unha inmorrente defensa do Teatro, ao que el consagrou literalmente a súa vida».”

Recomendamos: Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga

Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga, ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é un libro publicado por Xerais.

“«É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería. Mais unha noite de treboada Escaquis apareceu misteriosamente para poñer patas arriba a súa existencia. Esta estraña nena contaba cun poder moi especial: era quen de abrir portas a outras realidades! Romeu e mais os seus amigos tentarán descubrir a súa orixe para axudarlle a retornar ao seu mundo.”

Aquí pode lerse a reseña publicada en Versos e aloumiños.