Recomendamos: A vella compañeira, de Anxo Lugilde

A vella compañeira, de Anxo Lugilde, é unha obra publicada por Luzes.

“Isto non é un libro de memorias. Nin unha autobiografía. É unha crónica, unha reportaxe vital. Anxo Lugilde é un correspondente na súa propia guerra, a que libra desde rapaz contra esa parte de si mesmo que loita contra el, a depresión, a Vella Compañeira. A depresión é coma esas guerras non declaradas, fóra dos titulares, nas que morre máis xente que nas que enchen os telexornais. A depresión ñe unha guerra civil cruenta e soterrada, casa por casa, neurona por neurona, pero na que as vítimas non chaman por ninguén, non expoñen as súas feridas nin as ruínas das súas casa, nin os seus mártires. As vítimas sofren os ataquen no medio do silencio e da vergoña.
XOSÉ MANUEL PEREIRO
Cal é o xeito en que está escrita esta odisea da alma que é a vella compañeira? Que a fai especial? Anxo Lugilde adéntrase máis alá do que semella a liña do inaccesíbel. Alumea o que non está ben visto. Porque adoita ocultarse, porque incomoda ou porque non se deixa ver.
A outra clave está no como se conta esa odisea. Lugilde fala dun exorcismo. Hai unha fusión sutilísima entre a corrente da vida, do pensamento e das palabras. Hai unha dose de humor, de ironía e retranca, que fai milagroso este exorcismo. Un humor dramático, un humor morado, no que, por fin, podemos ver os hematomas das doenzas da alma.
– DO PRÓLOGO DE MANUEL RIVAS

Recomendamos: Materia, de Yolanda Castaño

Materia, de Yolanda Castaño, é unha obra publicada por Xerais.

“Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líquida versión capaz de humectar as raíces antepasadas, coma na solidez do que hoxe nos conforma mesmo se só asoma unha parte, ata a volatilidade gasosa dun futurible familiar. Dende a memoria histórica aos clarescuros da renuncia á maternidade se tratan nesta poderosa proposta poética de Yolanda Castaño na que cada estado da materia se expresa nun propio ton.”

Recomendamos: Algoritmos, de Xavier Queipo

Algoritmos, de Xavier Queipo, é unha obra publicada por Galaxia.

““Un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de expresar ideas e sentimentos con estas notas heteróclitas, aloucadas ás veces e excesivamente racionais outras, para construír o meu relato”, que diría Queipo.
Nestes Algoritmos non hai trama, senón unha variada galería de personaxes, lecturas e rememoracións, máis ben pretendidas intimidades intelectuais. Non son un dietarios, nin tan sequera unha compilación, senón unha secuencia de ideas acoutadas entre 2011 e 2018.
Felizmente inclasificábeis, como tantos outros textos de Xavier Queipo, estes algoritmos reflicten dalgún xeito que son os propios algoritmos a ideoloxía dominante neste tempo de dúbidas e incertezas, que temos que apandar con eles, coñecelos e dominalos, mesmo para seguir exercendo o oficio de escribir.”

Recomendamos: Ainda invisíveis?, de Lorena López López

Ainda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea, de Lorena López López, é unha obra publicada por Através.

“Em Ainda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea, a filóloga e poeta Lorena López explora a escrita de quatro autoras atuais e os pontos cegos dos quais estas se (in)visibilizaram no nosso campo literário. Indo além de rótulos como “literatura feminina” ou “literatura feminista”, atende-se nesta obra às interseções entre género, nação, violência, fantasia… Como indica no seu prólogo Helena González, “Lorena López, no que já foi tese e agora é livro, percorre a obra de [Margarita] Ledo, [Patricia] Janeiro, [Cris] Pavón e [Teresa] Moure para verificar que no ponto cego há modelos ficcionais, personagens marcadas pela sexualidade e pelo género, representações da nação e conceções autorais que dialogam com as práticas de resistência cultural deste presente. Nenhuma escritora é igual à outra e, no entanto, todas compartilham um foco claro na ideologia e na forma literária”.”

Recomendamos: O grupo, de Tito Pérez Pérez

O grupo, de Tito Pérez Pérez, é unha obra publicada por Medulia.

“Novela curta onde os personaxes acaban por conformar o entorno urbano do que eles mesmos participan. O modo de falar, a pandilla, os lugares ós que adoitan ir… Todo queda perfectamente reflexado nestas páxinas que poderían ter protagonizado calquera grupo de rapaces.”