Carabela, de Paula Carballeira, visto por Olaia

Carabela é unha obra de Paula Carballeira, publicada por Galaxia.

Esta é a lectura feita por Olaia (10 anos):

“Carabela era unha gran cociñeira dun barco, como fora o seu avó. A ela encantaballe navegar, pero un día, o mar púxose bravo, coma nunca antes, e empezou a tronar, ate que o barco naufragou. Carabela salvouse, e acabou nunha illa de PLÁSTICO. Entón ocorréuselle facer unha nena con plásticos (o único que había), para estar acompañada.
E aquí comeza a aventura!!!!”

Caramulo, de Anxo Moure, visto por Olaia

Caramulo e a carpinteira dos soños é unha obra de Anxo Moure, con ilustracións de Cristina Ouro, publicada por Baía Edicións.

Esta é a lectura feita por Olaia (8 anos):

“Eu era unha árbore, e toda a xente me abrazaba. Os nenos trepaban por min, e os vellos desfrutaban da miña sombra. Pero un día un gran temporal tiroume ao chan, mais una rapaza moi corredora tropezouse comigo. Ela era carpinteira, e coas ferramentas na man me creou, e chamoume Caramulo. Tropeceime cunha porta e uns nenos contáronme todo o mal que podía pasarlle ó mundo. Crucei os bosques, e as fragas ate atopar a tenrura que buscaba. Pedinlle unha pouca prestada. Eu soñaba ser tileiro, un érbedo, un acivro ou un carballo.”

Xandra, a landra que quería voar, de Mercedes Queixas, visto por Olaia

Xandra, a landra que quería voar é unha obra de Mercedes Queixas, con ilustracións de Paula Pereira, publicada por Urco Editora.

Esta é a lectura feita por Olaia (8 anos):

“Xandra era unha landra que soñaba con voar, e gustáballe moito mirar ó ceo.
As súas compañeiras querían caer da árbore, para soportar o vento, pero un esquío díxolles que as podían pisar os animais.
Cando caeron da árbore botáronse a durmir nas follas.
Xandra soñaba con voar. Xa se cumprira o seu soño.”

Agni e a chuvia, de Dora Sales, visto por Olaia

Agni e a chuvia é unha obra de Dora Sales, publicada por Kalandraka.

Esta é a lectura feita por Olaia:

“Agni era unha nena que vivía en Bombai. Ela tiña que facer sempre o mesmo, menos os domingos, que era o día da froita e o peixe, pero un día que ía á lavandería do señor Cumá foi por outra rúa, e había unha casa que tiña un cartel.
Naquel cartel, díxolle o irman maior, que era o único que sabía leer, que poñía “Escola infantil Pipelica”. E foi co seu mellor amigo a descubrir que podía pasar alí dentro,e pasou que o seu irmán entrou alí, e non os víu.
Un domingo había un prato máis na mesa. Alguén tocou a porta. Era o seu irman, cunha chica, e díxolle imos levar á túa irmá á Escola Pipelica.”

Olaia, 7 anos.

O cempés Perico, de Mercedes Carrión, en Oqo editora

Iniciamos aquí as colaboracións de leitoras e leitores, con esta recensión sobre O cempés Perico, de Mercedes Carrión, publicado en Oqo Editora:

“Tiña un rabo así, e unha cara así, e uns ollos así, e unhas mans así, e uns pes así, e poñía cara así, e o pelo así… e así estaba escondido, e así coas mans, corría así, e acabouse”. (Olaia, 2 anos).