Recomendamos: Troglo & Dita, de Fon

Troglo & Dita, de Fon (Fonso Barreiro), é unha novela gráfica publicada por Galaxia.

“Troglo & Dita son dous personaxes prehistóricos pero moi divertidos.
Fon, o seu crador, imaxina como sería todo no tempo dos dinosaurios, cando seres humanos e bechos horripilantes compartían o planeta. Xa sabemos que iso non sucedeu!” Pero nin a Troglo nin a Dita lle importa. A ti, verás que tampouco. Troglo é moi brután pero enxeñoso. E Dita ten cabeciña. Menos mal!.”

Recomendamos: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto

Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, é unha obra publicada por Xerais.

“Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe? Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina.”

Recomendamos: A Fé do Converso, de Mário Herrero

A Fé do Converso, de Mário Herrero, é unha obra publicada por Através Editora.

A Fé do Converso é a geometria de todas as palavras, dentro de todos os personagens entre muros e fora deles, de linhas claras que entre pálidas se entrelaçam. Um grito não contido, um capítulo Final “morreu deus na sala de estar” e a limpeza visceral completa-se.
Olhares passantes de uma memória sentida no “…fracasso da utopia”.”

Recomendamos: Ninguén dorme, de Rexina Vega

Ninguén dorme, de Rexina Vega, é unha obra publicada por Laiovento.

Ninguén dorme é un vómito, un ouveo. Quere falar do que doe, da cara oculta da lúa nas relacións cos outros. O sexo, o corpo como prisión, como condena. A imposible comunicación, a mentira da parella, os medos, o medo. A violencia estrutural que se exerce con saña sobre o máis débil, a muller, o inmigrante… Este é un relato alucinado, marxinal e onírico que busca retorcer os tópicos, levalos ao extremo, volvelos insoportables. Sordidez e poesía, unha visión enferma na que resoan as voces de Bataille, Kafka, Lorca, Koltés, Volodine, Jelinek, Liddell, Perec, Cunqueiro, Rosalía, Ferrín, Pimentel, Novoneyra… Detrás, o desexo de nomear o escurecido, unha voz que despeza o corpo.”

Aquí pode lerse un fragmento deste libro.

Recomendamos: O País do Gran Furado, de Xerardo Quintiá

O País do Gran Furado, de Xerardo Quintiá, II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade en 2019, é unha obra publicada por Baía Edicións.

“”O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.
Ademais, a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos deste texto paródico, distópico e humorístico”.
O conto emprega a poesía narrativa como recurso moi apropiado para que o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia.

MAXI-miliano é un tirano que mantén o seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres.
No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock & roll.
Con intelixencia, poesía e perdices consegue transformar a sociedade e alcanzar a igualdade entre mulleres e homes.”