Fragor do urdido, de Eva Veiga e Francisco Xosé Fernández Naval, é unha obra publicada por Belagua.
“Fragor do urdido é unha intervención poética sobre un tempo confinado, o da pandemia por Covid-19. Cincuenta poemas sen ningunha marca de autoría que harmonizan nesta edición bilingüe dúas das voces mellor consideradas da poesía galega, de modo que a particular subxectividade, tan propia do xénero poético, perde importancia a prol desa voz colectiva ou fonte común da que, ao cabo, emerxe toda obra artística. A poesía como exercicio creativo que é movemento de apertura e liberación. O resultado é un conxunto de cincuenta poemas sen ningunha marca de autoría.”